Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

VI XORNADAS EXALTACION BERBERECHO DE NOIA 2021

 No marco das VI XORNADAS DE EXALTACIÓN DO BERBERECHO DE NOIA 2021, realizaranse distintos eventos gastronómicos no mes de Outubro:

3 de Outubro no Festival VilaBluesFest, o cociñeiro MIGUEL MOSTEIRO realizará unha degustación de 500 racións de arroz con Berberecho de Noia.

28 de Outubro visitará os nosos areais e a lonxa de Testal o cociñeiro JAVIER OLLEROS (Restaurante Culler de Pau,2 Estrelas Michelín), e fará un showcooking no Liceo de NOia ás 17:30 horas.

31 de Outubro nas Xornadas MAres do Fin do Mundo, Miguel Mosteiro ás 13:00 horas elaborará 3 pratos con BERBERECHO DE NOIA, en o Freixo (Outes).

A Confraría


PRESENTACION APLICACION TERMINAIS TICPESC

DAMOS PUBLICIDADE Á PRESENTACIÓN DA APLICACIÓN MOVTIC 

É UNHA FERRAMENTA DA CONSELLERÍA DO MAR PARA O SECTOR PESQUEIRO QUE PERMITE FACELO DOCUMENTO DE ALTERNANCIA DE ARTES DENDE O MÓVIL.

É NECESARIO ACREDITAR A PERSONALIDADE A TRAVÉS DE CHAVE 365.  ( PODE SOLICITARSE PRESENCIALMENTE NAS OFICINAS AGRARIAS COMARCAIS, CENTRO DE SAÚDE... OU POR SEDE ELECTRÓNICA)

A CONFRARÍA

 

Attachments:
Download this file (instruccions.pdf)INSTRUCCIÓNS E INFORMACION[ ]127 kB

Vª XORNADAS EXALTACIÓN BERBERECHO DE NOIA

O vindeiro xoves 15 de Outubro do 2020, celebraránse as V Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, este atípico ano motivado polo COVID-19 únicamente se fará un showcooking na Sala de Exposicións do Coliseo de Noia, ás 17:00 horas, no que se poderán degustar 4 elaboracións realizadas polas cociñeiras:

LUCIA FREITAS (Restaurante a Tafona, Lume- Santiago de Compostela) Estrela Michelín.

MARÍA VARELA ( REstaurante A Parada das Bestas- Palas de Rei- Lugo).

YOLANDA LEÓN (Restaurantes Cocinandos- León) Estrela Michelín.

Iria Espinosa (Restaurante Árbore da veira- A Coruña) Estrela Michelín.

Aforo limitado.

Todo/a persoa interesada en participar no showcooking poder solicitado no correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ata agotar aforo.

As xornadas contan co patrocinio da Xunta de Galicia, Consellería do Mar, cofinanciadas ao 75% polo FEMP.

A Confraría.

 

 

 

Attachments:
Download this file (CARTEL V XORNADAS.pdf)V XORNADAS[ ]106 kB

MEMORIA V XORNADAS EXALTACIÓN BERBERECHO DE NOIA

O pasado 15 de Outubro de 2020, celebráronse as V Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, esta vez catro recoñecidas cociñeiras puideron coñecer de primeira man o dificil traballo da xente do mar, mariscadores e mariscadoras, asi como o coidado e clasificación do noso excelente produto, O Berberecho de Noia, pola tarde realizaron no salón de exposicións un showcooking elaborando 4 recetas nas que o Berberecho de Noia foi homenaxeado unha vez mais.

A Xornada contou ca presenza de:

  • Lucía Freitas - Restaurante A Tafona, Lume, S. de Compostela, (Estrela Michelín).
  • María Varela Restaurante A Parada das bestas –Palas de Rei-Lugo
  • Yolanda León -Restaurante Cocinandos- León. (Estrela Michelín) e 
  • Iria Espinosa -Restaurante Árbore da Veira. A Coruña. Estrela Michelín   

ca axuda e direccion de Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa.

Estas actividades contaron co patrocinio da Xunta de Galicia co financiamento ao 75% do FEMP.

A Confraría

 

CHARLA PROXECTO ECONOIA E OUTROS

Dase publicidade a charla sobre o lixo mariño o vindeiro 4 de Setembro de 2020 de 10:30 a 12:30 na sociedade Liceo de Noia (aforo limitado) , para asistir e necesario inscribirse con nome e DNI no correo: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Darase tamén información e publicidade aos proxectos NATURANOIA 20/21; GALP4-070 Patrímonio Inmaterial  Ría Muros-Noia; GALP4- 095 Aplicación xestión Informática XESMAR; Proxecto PE209G Axudas portos pesqueiros. Carro Varadoiro.

A Confraría

Attachments:
Download this file (cartel charla ECONOIA.pdf)CARTEL CHARLA ECONOIA[ ]191 kB

Marísqueo Ría Muros-Noia Patrimonio Cultural Inmaterial

manual buenas practicas pesca recreativa

manual buenas practicas pesca recreativa

proyecto noia muros a pe

banner naturanoia