O pasado 15 de Outubro de 2020, celebráronse as V Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, esta vez catro recoñecidas cociñeiras puideron coñecer de primeira man o dificil traballo da xente do mar, mariscadores e mariscadoras, asi como o coidado e clasificación do noso excelente produto, O Berberecho de Noia, pola tarde realizaron no salón de exposicións un showcooking elaborando 4 recetas nas que o Berberecho de Noia foi homenaxeado unha vez mais.
A Xornada contou ca presenza de:
- Lucía Freitas - Restaurante A Tafona, Lume, S. de Compostela, (Estrela Michelín).
- María Varela Restaurante A Parada das bestas –Palas de Rei-Lugo
- Yolanda León -Restaurante Cocinandos- León. (Estrela Michelín) e
- Iria Espinosa -Restaurante Árbore da Veira. A Coruña. Estrela Michelín
ca axuda e direccion de Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa.
Estas actividades contaron co patrocinio da Xunta de Galicia co financiamento ao 75% do FEMP.
A Confraría